A alcaldesa e a nosa presidenta de BOANOITE asinaron a renovación do convenio de colaboración para gastos de funcionamento.
27 de xuño de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta da Asociación Boanoite, Sara Alvar, asinaron no Palacio de María Pita a renovación do convenio nominativo por importe de 23.000 euros destinado a financiar gastos de funcionamento da entidade.
Inés Rey destacou o traballo de Boanoite en favor das persoas sen fogar e en risco de exclusión social e subliñou que a práctica totalidade das actividades da entidade realízanse grazas a máis de 150 persoas voluntarias da entidade: "todas elas demostran o compromiso da Coruña e da sociedade coruñesa cos máis vulnerables".
Rey tamén subliñou o traballo que levan a cabo os equipos de atención social do Concello da Coruña coas persoas que viven na rúa. Lembrou que pronto a cidade contará cun novo equipamento de atención coa apertura do centro de baixa esixencia da avenida de Labañou, unha obra cun orzamento de máis de 700.000 euros. Que compartirá edifico con nosotros.
GRACIAS a todos os voluntarios, usuarios, amigos, colaboradores, donantes. Grazas a toda a parroquia
Comments