top of page

Baixar o último banzo…

De Santiago Agrelo. Arzobispo Emérito de Tánger.


LOCURA

 

Un día lo llenaste, Jesús mío,

mi cántaro de vida, y poco a poco

la fui dando, me dicen que por loco,

mas yo la di por no quedar vacío.

 

Mirando al sembrador que hace su entrega

de grano al campo, vida hacia la muerte,

de mi vida hice grano para verte

recogerme mañana en una siega.

 

Llora el que siembra, mientras da la vida;

y al final de mi entrega voy abriendo

dos surcos de llorar, amor amado;

y no es por la simiente repartida:

en el granero se me están pudriendo

los granos de mi vida que no he dado.

 

Baixar o último banzo…


Falamos de Cristo Xesús, daquel que, “sendo de condición divina, non retivo avidamente o ser igual a Deus”, senón que “se desposuíu de si mesmo, tomando a condición de escravo”.

Falamos daquel que “se humillou a si mesmo, feito obediente ata a morte, e unha morte de cruz”.

Falamos do seu descenso ata nós… E dispoñémonos a contemplalo mentres baixa ese último banzo da súa vida que chamamos paixón e morte, que chamamos cruz… É o último banzo no camiño do Fillo de Deus desde o Pai ata nós. E é tamén o último banzo no seu camiño desde o fondo da condición humana ata a gloria do Pai…

Se nos dispoñemos a contemplar ese misterio, non é por lembrar cousas do pasado, senón por aprender o que nos dispoñemos a vivir no presente.

Contemplamos e aprendemos, porque o camiño de desfeita da Palabra de Deus, é tamén o noso camiño. “Desposuídos de nós mesmos, tomando a condición de escravos”, tamén nós, como Xesús, aprendemos a ser de todos, a lavar os pés de todos, a vendar feridas e enxugar bágoas; nós, coma Xesús, aprendemos a perder a vida, a dar a vida, a amar, tamén aos que non nos aman, tamén aos que nos odian, tamén aos que nos crucifican; nós coma Xesús, aprendemos a ser pan sobre a mesa dos necesitados de salvación.

Mentres contemplamos a Cristo Xesús nos días da súa paixón e morte, aprendemos que o amor non ten medida, que nada se reserva para si mesmo, que a todos quere chegar, e que todo o pode soportar.

Tamén nós, coma Xesús, “cada mañá” contemplamos e aprendemos, escoitamos como fillos e obedecemos, “para saber dicir ao abatido unha palabra de alento”.

Mentres nos dispoñemos a celebrar os misterios da paixón do Señor e a súa resurrección, veñen á memoria da fe o día luminoso da anunciación, a noite gozosa do nacemento do Señor, os días de fatiga de Xesús en busca de ovellas perdidas, de ovellas feridas, de pobres para os que ser evanxeo… E se entón fixemos festa, aínda que a fe sabía xa deste último banzo do camiño de Xesús, hoxe, mentres o baixamos con el, deixamos que o corazón se encha coa memoria daquela luz anunciadora, daquela alegría recentemente nada, que eran un preludio certo da luz, a alegría e a paz que é para todos Cristo resucitado.

Ofrezamos con Xesús a nosa vida o Pai e aos pobres. Baixemos con Xesús aos camiños da humanidade sufrinte. E non desperdiciemos, reservándoa para nós, a vida que se nos deu para que a regalemos.

Somos o corpo de Cristo: somos de todos como o é el; baixemos con el, tamén nós, o último banzo.


Feliz comuñón con Cristo.


Feliz domingo de Ramos.

Fr. S. Agrelo



Comentarios


bottom of page