23 oct
13 sept
13 sept

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 7 de xullo de 2025 pola que se conceden os Premios Galicia de Acción Voluntaria, ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508D).
RESOLVO:
Primeiro. Conceder os premios da quinta convocatoria dos Premios Galicia de Acción Voluntaria ás seguintes candidaturas, dado que obtiveron en cada modalidade a maior puntuación por parte do xurado, consonte os criterios recollidos no artigo 14 da orde de convocatoria:
• Premio persoa voluntaria do ano na modalidade individual para as persoas físicas, cunha puntuación de 65 puntos e dotado de 4.000 euros, para María Goretti Paz González, co NIF 3849*, dada a súa traxectoria e participación en diferentes áreas de actuación acreditadas no ámbito do voluntariado.
• Premio entidade de acción voluntaria do ano, na modalidade colectiva, cunha puntuación de 65 puntos e dotado de 4.000 euros, á Asociación Socio Cultural Boanoite, con CIF G70180161, pola súa labor de acompañamento, visibilización e dignificación das persoas en situación de senfogarismo e vulnerabilidade.
• Premio ao mellor proxecto de acción voluntaria do ano, cunha puntuación de 50 puntos e dotado de 4.000 euros, á Fundación Abrente, con CIF G70397849, polo seu proxecto Voluntariado para a inclusión, cuxo enfoque está centrado en mellorar a autonomía e o empoderamento persoal das persoas con diversidade funcional.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 15.2 e disposición derradeira segunda da Orde do 25.3.2025; DOG núm. 67, do 7 de abril). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.



Comentarios