top of page

Encuentro de niños y familias de la Diócesis

O 6 de mayo terá lugar o tradicional Encontro Diocesano de Nenos e familias en Santiago de Compostela, organizado conxuntamente pola Delegación de Pastoral de Infancia e Mocidade e a Delegación de Pastoral Familiar.


O Arcebispo convoca os nenos da diocese nunha xornada festiva, baixo o lema: “Un mesmo amor e un mesmo sentir” e co seguinte horario:


11h – Acollida no Seminario Menor de Santiago.

11.30h – Obradoiros

14h – Xantar

15h – Xogos


17h – Eucaristía na catedral presidida polo Arcebispo.


Quen pode participar?

Nenos de 3º a 6º de Primaria, acompañados dos seus catequistas, párrocos, profesores ou pais.


Imos repartirnos en grupos para os obradoiros?

Si, poderedes dividir os vosos nenos en función dos catequistas que os acompañedes, xa que ningún neno pode acudir sen un responsable que o acompañe.


Que facemos os pais mentres os nenos están cos catequistas nas actividades?

Os pais tamén terán actividade á mañá, preparada pola delegación de pastoral familiar.


Temos que levar comida?

Si, a comida é de trouxe… (eu trouxen empanada, eu trouxen tortilla, eu trouxen bacallau…). Cada un traerá o seu.


Que facemos cos autobuses?

Una vez que á mañáa chegan ao Seminario Menor e descargan a xente, márchanse ata as 18h, que termina a Eucaristía, e os poden recoger cerca da catedral (nas dársenas de Xoán XIII). No Seminario Menor non hai sitio para acomodar tantos.


Hai que pagar algo?

Este ano pedímosvos unha achega voluntaria de 1€ por participante para cubrir todos os gastos: alugar lugares, equipos de son, gastos de voluntariado… que recolleremos na mesa de inscrición.






.

29 visualizaciones

Entradas Recientes

Ver todo

Examen sobre Evangelio de Marcos

Capítulo 1 1 1.        ¿Quién es el autor del libro de Marcos? 2.        ¿Qué profeta se menciona al comienzo del capítulo? 3.        ¿Qué mensaje proclama Juan el Bautista? 4.        ¿Qué símbolo de

bottom of page